Ruta do Coto da Cruz

Introduzca aquí tu eslogan

 


O Freixo é unha pequena e fermosa parroquia chea de historia, situada no Concello de Crecente, ao sureste da provincia de Pontevedra. Parte dos seus tres kilómetros cuadrados son acariciados polo río Miño, e consta de seis núcleos cunha poboación que ronda os cen habitantes. A pesar do seu reducido tamaño, dícese que no Freixo cando un galo canta se escoita en tres provincias e dous paises…


Enclavada nun paraíso natural, rodeada dun entorno tranquilo que invita a desconectar da cidade e da prisa, a Ruta do Coto da Cruz percorre zoas cheas de encanto, de historia e de beleza natural. Cunhas vistas privilexiadas, a ruta é unha excusa ideal para sumerxirse na natureza e na tradición, visitando o Muíño dos Tarendos, un muíño hidráulico tradicional preciosamente restaurado que pode ser visitado en funcionamento, a Capela da Virxe do Camiño ou o Cruceiro Quebrado.


As frondosas autóctonas están recuperando numerosas zonas, e se pode observar o seu avance imparable, disfrutando no percorrido da abundancia de carballos, castiñeiros, bidueiros e sobreiras, estas últimas froito do microclima mediterráneo e da resistencia desta especie ó lume. E, como punto culminante, desde o mirador do Coto da Cruz, a impresionante vista panorámica deixa ó visitante sen fala.


Desde esta páxina, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Freixo propón un itinerario único, sinalizado e provisto de paneis explicativos, a través do cal o visitante pode descubrir un anaco da nosa natureza, das nosas tradicións, da nosa historia.

 


 

Turgalicia
Agader

 

Leader

 

Condado-Paradanta


Medio Rural


Feader


Ministerio Agricultura



Fotografías: Juan Pablo Moreiras

Deseño Web: Nómade Producciones Fotográficas